Comentario de David González Sampayo
Males de cabeza
Fran Alonso
Xerais
"Males de cabeza" é un libro de Fran Alonso, que está composto de
varios historias moi interesantes e divertidas, nas que un dos temas principais
é a loucura que percorre o corpo de todo ser humano. Eu recomendaría esta
historia porque é fáciil de ler e cun léxico non moi complicado. Con todo,
deste libro tamén saco algúns datos negativos, como, o pesadas que se fan
algúns dos relatos pola súa grande extensión e polo enrevesados que se poden
chegar a facer. Seguindo estos datos vou destacar catro relatos: os dous que
máis me gustan e os dous que menos. Positivamente vou destacar "A señora
Lola" e "05 AM (Vigo)"; mentres que negativamente vou facer
referencia a "Coma vostede e coma min" e "O ceo amarelo".
"A señora Lola" é unha historia curta pero moi productiva e
reivindicativa. A pesar da súa pequena extensión nesta obra faise referencia ao
machismo dalgunha sociedade e á impotencia da muller para actuar. No relato o
tema principal é unha muller que traballa todo o día e leva un soldo á casa, e
cando chega á casa o seu home pídelle que faga a cea, a pesar de levar todo o
día deitado no sofá. Por esto e polo interesante que é a obra, esta foi unha
das mellores do libro, para min.
Outra das obras que máis me gustou foi "05 AM (Vigo)" porque
trata un tema moi actual e este relato, tamén é moi realista. O tema principal
da historia son os efectos que causan as drogas sobre unha persoa, entre os que
se atopa a perda da cordura. Cando falo de realismo refírome a que se saes de
madrugada á zona de marcha dunha cidade, atopas moitos chavales que se atopan
baixo os efectos das drogas e o alcohol.
Sobre "Coma vostede e coma min" e "O ceo amarelo" vou
facer unha reflexión conxunta porque foron as dúas obras que menos me gustaron.
Os motivos polos que menos me gustaron foron porque me pareceron unhas obras
moi aburridas e decepcionantes, en definitiva, unha tontería. Creo que estas
dúas obras non merecen estar nun libro medianamente interesante e
divertido. Tamén debo dicir que estas son as dúas obras nas que, na miña
opinión, se expresa a tolemia no seu grao superlativo, xa que na primeira un
home cre máis necesaria a alimentación dos seus cans cá súa e na segunda, un
home ve o ceo amarelo pensando que ten hepatite e, finalmente, esa cor débese a
que se vai producir unha chuvia de fideos.
Sen comentarios
Publicar un comentario