Comentario de Nerea Álvarez González
Este libro de poesía de Carlos Negro é un libro moi
realista para a nosa idade, é dicir, que aínda que sexa un libro de poesía trata sobre temas que ós adolescentes lles “preocupa”. Teño que dicir que é a
segunda vez que leo algún poema deste autor e, a verdade, encántame como xoga
coas palabras e coas metáforas.
Un dos poema que máis me gustou foi o poema de ES
UNHA CHICA CHIC? (AUTOCUESTIONARIO). Gustoume moito este poema porque a
estrutura deste é un cuestionario dunha revista de adolescentes; a adolescente
que responde ó cuestionario non responde como o faría calquera adolescente, senón que responde con moita sinceridade, delicadeza e ás veces con algo de
melancolía.
Os poemas que máis me gustaron de todo o libro foron os
de NON
TEÑO GANAS DE TI, porque tratan sobre o amor e o non amor, e a min eses
poemas encántanme.
En xeral gustáronme todos os poemas, só hai un que non
me gustou tanto coma os outros que foi o de CASUAL LOOK porque non
entendín moi ben o que quería transmitir.
Sen comentarios
Publicar un comentario