Comentario de Nerea Álvarez
Flor de area
Manuel Lourenzo González
Xerais
Este libro é un
dos libros que máis me gustaron porque é unha historia , como
digo eu de medio amor , porque trata sobre o amor non desexado.Tamén é certo que
así como me gustou moito a mesma vez desgustoume o lugar de desenvolvemento
,quero dicir,que o lugar onde ocorren os feitos non é que me desguste pero
tería máis chicha, para o meu gusto,se ocorrese en Galicia teríame moito máis interese .
Co tema ,gustoume
moito a forma na que a protagonista se expresa porque é como moi natural
,simple e nótase que a súa vida non foi fácil.
Nesta avaliación
foi o libro que menos me custou ler xa que engancha moito o seu personaxe
principal e a historia como é de amor pois aínda me gusta máis.
Outra das cousas
que non me gustou foi o título da novela.Gustaríame tamén que tivese outro
comezo porque non me gustou moito o comezo que tiña ,de todas formas o final
que tivo foi moi bonito.
Sen comentarios
Publicar un comentario