Comentario de Cristina Costela Seara
Ámote Leo A.
Rosa Aneiros
Xerais
“Ámote
Leo” de Rosa Aneiros foi un libro que me gustou moitísimo. Este libro móstranos
a valentía de Leo ao decidir facer a viaxe ela soa, despois de que os seus
amigos se botaran atrás.
Fálanos da valentía de Leo, unha
rapaza que rematou a súa carreira, e que é capaz de coller un avión para viaxar
polo mundo ela soa durante 6 meses. A súa familia, non o acepta moi ben. A
actitude da nai é a que calquera nai tería, esa actitude protectora que todas
as nais teñen, dicíndolle que non vaia a
África, que teña coidado, que non fai falla que estea os 6 meses por aí, cando
queiras vir, volve. Mentres que seu irmán Roi, dille que lle conte todo o que
fai, onde está e que de vez en cando se conecte a Skype, xa que a el tamén lle
gustaría viaxar pero non pode porque está en cadeira de rodas.
Leo, vai a Lisboa, Marrakech, Cairo
e Istambul, durante as súas viaxes aos diferentes destinos coñece a xente coa
que convive e grazas a eles gasta menos diñeiro, tamén se ve envolta nunha
serie de aventuras e nunha misteriosa mensaxe da que só sabemos o que pon
“ÁMOTE LEO A”, esta mensaxe atopáa Leo en cada un dos seus destinos.
É un libro que engancha, porque
queres ir sabendo a que lugares vai Leo, quen escribe a mensaxe e aínda así ao
rematar o libro quédanche moitos interrogantes polo que toca ler o segundo
libro de “Ámote Leo”.
Eu penso que calquera persoa na
situación de Leo suspendería a viaxe e quedaría na casa e cos seus amigos, ou quizais
non tan amigos, porque se tiñan plantexado esa viaxe, non se deberían botar
atrás cando xa o teñen preparado. Se xa sabían que non ían ir, que dixeran “non”
dende un principio. Aínda así penso que Leo ademais de valentía, sente rabia e
está enfadada cos amigos polo que decide coller un avión rumbo a varios sitios,
para que os amigos visen que ela non se ía render, que ía loitar pola promesa
que fixera. E cumprila.
Sen comentarios
Publicar un comentario