Comentario de Nerea Álvarez González
As mil e unha noites
Vicens Vives
Persoalmente este
libro non me gustou moito porque os reis tratan as mulleres como se elas fosen
as únicas infieis, é dicir, que reflexa unha actuación algo machista.
En xeral os contos
non me gustaron, porén houbo dous que me gustaron bastante. Foron “Aladino e a
lámpada marabillosa” e o outro foi “Alí Babá e os corenta ladróns”. Eses foron
os únicos contos que me gustaron .
O principio do
libro foi o que menos me gustou xa que expresa unha forma moi machista do rei cara
ás mulleres do reino porque cada vez que casaba con unha , ó día seguinte mataba para
que non lle fose infiel, isto non me gustou porque non todas as mulleres lle
son infieis aos seus homes. De todos os xeitos, o final foi o que máis me gustou
porque o rei acábase dando de conta de que a súa esposa non lle era infiel e
acábase namorando dela e perdóalle a vida dicíndolle que el a salvará de todos
os perigos que se lle presenten ante ela.
Gustaríame que se
escribisen outros contos un pouco máis divertidos ou misteriosos xa que
persoalmente as historias de xeques e xenios non me gustan moito.
Sen comentarios
Publicar un comentario