Comentario de Cristina Costela Seara
A aprendizaxe de Betsy
Dorothy Canfield Fisher
Triqueta verde.
A aprendizaxe de Betsy, de
Dorothy Canfield Fisher, é un libro que fai reflexionar sobre como hai que
educar os nenos. Se os debemos tratar coma bebés, facéndolles todo ou
deixándolles espazo e deixar que intenten ir collendo algo de autonomía e que
vaian pensando por si sós.
Neste
libro amósanos como a tía Frances a trata con moito agarimo, axúdaa en todo e
acompáñaa a todos os sitios, mentres na granxa Putney, dinlle que poña a mesa,
fregue, axude a cociñar e vaia soa a escola.
Penso
que facer ou axudar a facer as tarefas
da casa e facelas máis ou menos ben é bo para os nenos porque séntense útiles e
aprenden a facelas.
Betsy
demostra ser unha nena moi intelixente, xa que estando ao coidado de Molly, ten
que superar situacións difíciles e foi capaz de resolvelas por si soa, sen a a
axuda de ninguén, chegando a sorprender aos Putney, e facendo que se sintan
orgullosos dela. E como Betsy di no libro “a granxa Putney está chea de algo
moi lindo, chamado felicidade”.
A
pesares de todo, coido que Betsy era máis feliz na granxa Putney que cando a
coidaba a tía Frances; aínda que ao principio se sentía unha estraña e tíñalle
medo á prima Ann, co paso do tempo foise encariñando moito con todos, ata con
Eleonor e Shep, tamén quería moito a Molly, coa que facía de “nai”.
Un
libro que me gustou moito e que me fixo dar conta de que os “mimos” e ser
tratados “entre algodóns” non sempre son sinónimo de felicidade.
Sen comentarios
Publicar un comentario