O inferno de Marta
Pasqual Alapont
Pasqual Alapont
Xerais
“O
inferno de Marta” de Pascual Alapont é un libro que reflicte unha situación que
calquera adolescente pode vivir, é dicir, é un libro moi realista, que engancha
dende a primeira páxina, posto que desexas saber que é o que ocorre con Marta. Se
deixa a Héctor e se se da conta de que iso non é amor.
Non sei como hai xente que pensa que
o maltrato á muller é amor, ou o que Marta facía, que xustificaba as labazadas
dicindo que era porque estaba bébedo e despois el pedíalle perdón e regaláballe
algo e todo seguía normal.
Penso que nesas situacións as amigas
xogan un papel importantísimo, porque elas teñen que facerlle ver á vítima que
o que lle fai a súa parella non está ben. A actitutde de Héctor non me gustou
nada, e non entendo, nin entenderei como hai xente que pode tratar así a súa
parella, pegándolle, dicíndolle que non vale para nada, é dicir, minándoa
psicoloxicamente.
Ten que ser unha situación durísima,
xa que a vítima non se atreve a dicilo polas ameazas da parella, e Marta, a min
pareceume moi valente, porque despois de pasar por esa situación volveu a ser a
Marta do principio, alegre, risoña e decide
ter o fillo, mentres que moitas vítimas quedan con trastornos e non o dan
superado nin dan continuado coa súa vida normal.
Está nas nosas mans parar esta
situación! Non permitas que a túa parella te controle, nin que che diga que non
serves para nada, estate atenta para poder paralo antes de que che poña unha
man encima.
Sen comentarios
Publicar un comentario