Comentario de Vanesa Lalín
A desaparición de Esme Lennox
Maggie O ' Farrell
Galaxia
A desaparición de Esme Lennox
Maggie O ' Farrell
Galaxia
Con este título: “A desaparición de Esme Lennox”,
pensei que se ía tratar dunha novela policíaca, pero non foi así, aínda que
toda ela está chea de moita intriga e secretos por resolver.
Cando comecei a ler, resultábame, en
certos momentos, algo mala de entender, xa que pasaba dunha situación a outra
cada pouco, pero co paso das páxinas deime de conta que os recordos de dúas
irmás, Esme e Kitty, se intercalaban, pasaba dunha a outra, de repente, o cal ás veces resultábame algo confuso e complicado saber de cal nos falaba no
libro, parecíame como se estivera facendo un quebracabezas, que neste caso era
de ler e ir ordenando as ideas para poder comprender a historia, pero ordenando
todo o que lía fun entendendo pouco a pouco o contido do libro, onde o
misterio e os segredos se van facendo máis grandes, pero que cada vez entendía
un pouco mais o seu entramado, onde calquera home, só coa súa opinión, facía
que te illaran de todo .
Eu esperaba que todo se resolvería de
forma máis precisa, xa que penso que algunhas cousas non quedaron totalmente
claras, dando pé a pensar se pasarían dunha forma ou de outra.
Comprendín o moito que inflúe na vida das
persoas a época e o lugar no que nos toque vivir, na cal se producen situación
que fai que nos cambie para sempre, como foi o caso da nosa protagonista Esme,
xa que as ideas desta non cadraban coas da súa época, a xente tiña outra
mentalidade, chea de inconvenientes sociais, onde se non eras capaz de
adaptarte podíache causar a exclusión ou o illamento social, levándote a
situacións moi tristes que son capaces de cambiar a vida de calquera para
sempre.
Sen comentarios
Publicar un comentario