Comentario de Adrián Mato
O afundimento do Titán
Morgan Robertson
Hugin & munin
Este libro resultoume abraiante e emocionante en moitos aspectos, entre
os que destaco sobre todo a grandísima defensa que o mariñeiro lle dou á pícara,
chegando a arriscar totalmente a súa vida por salvala e incluso, loitando
contra un oso. Gustoume moitísimo xa desde o comezo por tratarse dunha
historia naval, unha novela distinta a todas as que lin ata agora, e agradecín
unha novela coma esta. O final do libro é algo que ninguén esperaría.
En si foi das mellores historia
que lin porque está nun ambiente que me encantou, cunha trama moi elaborada, un
final sorprendente e uns protagonistas únicos.
Sen comentarios
Publicar un comentario