Comentario de María Rodríguez González
A boca chea de terra
Branimir Šćepanović
Rinoceronte
“A boca chea
de terra” de Branimir Šćepanović é un libro de intriga que conta unha historia
dende dous puntos de vista: por un lado o protagonista (un home xove cunha
enfermidade terminal) e por outro, un grupo de persoas que o perseguen (dous
cazadores, un pastor, un policía...). O autor describe moi detalladamente a
paisaxe e o entorno no que se move o protagonista.
O protagonista
quería rematar coa súa vida pero non o consigue tal e como o esperaba (en
silencio e no bosque que lle recordaba a súa infancia). Aproveitou unha parada de tren para coller
camiño cara ao bosque. Empuxado polo seu pensamento e desexo de acabar coa súa
vida, corre e corre “como un animal doente e indefenso” para ningures e ao
mesmo tempo é perseguido sen motivos.
Este libro
aínda que é moi breve, 72 páxinas, ten a súa dificultade. O autor non só
conseguiu captar toda a miña atención senón que tamén conseguiu que nalgúns
momentos me estresase. O tema principal para min é a soidade.
Como di o
título, o protagonista acaba “coa boca chea de terra”.
Recoméndoo.
As decisións
non sempre son firmes senón que ás veces entramos en contradicións.
Sen comentarios
Publicar un comentario