Comentario de Andrea García Méndez
Millo verde
Xosé Fernández Ferreiro
Xerais
Este libro desconcerta a calquera que lea o título.
Pódese pensar que vai de labregos que
discuten polos marcos dos prados ou sobre as miserias que pasaron noutros
tempos e que nós seguramente pasaremos, vendo como vai o país, pero non, o
libro trata algo totalmente diferente.
Á inxustiza a que
é condenado e metido no cárcere un profesor
por suposta violación dunha alumna, os pesadelos que ten e as agresións
físicas e psicolóxicas as que é sometido por parte dos veciños, a influencia
dos medios de comunicación na mentalidade das persoas e os problemas que sofren
unha nai e máis filla por culpa do pai e marido bébedo, a pouca precisión da
xustiza ao haber filtracións en información confidencial.
Para min foi un libro bastante entretido aínda que o
principio non enganche moito, ó final termina sendo un libro que te “agarra”
ata as derradeiras páxinas. O final e algo raro pero supoño que o autor quixo
facer unha sátira de todo o que lle acontecera o personaxe.
Sen comentarios
Publicar un comentario