Comentario de Cristina Costela Seara
A balada do café triste
Carson McCullers
Rinoceronte
A balada do café triste é un libro no que encontramos
distintos relatos, que se mesturan, traxedias no mundo, a inocencia engañada,
moito whisky e lugares onde a soidade faise máis grande. Os personaxes que
atopamos buscan algún lazo para engancharse, enganchar a súa vida a algo ou a
alguén.
Nestes relatos atopámonos con Miss Amelia, unha muller respectada por
todos, solitaria e forte coma un home. O discurrir tranquilo vese alterado pola
chegada dun primo seu.
Estes dous personaxes ensínannos como as persoas
cambian en función de quen se lles acerque. Porque a principal protagonista é a
soidade. A perda cando chega o amor, a encontrada cando o amor se vai e como
nos vai afectando a cada un.
Neste relato a autora fálanos sobre todo do amor e das
reaccións que este provoca.
Nos demais relatos atopámonos con Madame Zilensky que
vive e recrea unha mentira, ela cre coñecer ao rei de Finlandia aínda que este
país foi sempre unha república.
Tamén esta Bienchen, a nena prodixio (Wunderkind) que deixa de
selo ou que nunca o foi; Martin Meadows, marido e pai que soporta as
borracheiras da súa muller, e por último Bitsy Barlow, é un jockey que está só,
borracho e non dixire a comida nin o despido dun compañeiro especial do oficio.
As características dos personaxes vense facilmente e
están bastante esaxeradas, ademais, moitos esconden conductas estrañas e
misteriosas.
Entre os relatos deste libro o que máis me gustou foi
"A balada do café triste", porque a autora nos conta como se creou un café a partir
da chegada dunha persoa e como cambia o seu comportamento ao amar a alguén.
Foi un libro que me resultou fácil de ler e que me
gustou moito, pareceume moi bonito e nalgunhas escenas triste ao
mesmo tempo.
Sen comentarios
Publicar un comentario