Comentario de Cristina Costela Seara
A casa de Mango Street
Sandra Cisneros
Rinoceronte
A Casa de Mango Street de Sandra Cisneros foi unha
historia que ao principio custoume entender e engancharme, pero pouco a pouco
foime gustando e foi unha novela que me gustou moito, xa que me transmitiu
bastantes emocións. É unha novela que me conmoveu, sorprendeume e divertiume.
Este libro conta a historia de Esperanza, unha nena de
14, que crece nun ambiente onde a tradición mestúrase con novos estilos de vida.
É unha
historia contada a través de viñetas onde ao comezo nos presentan os
personaxes e cóntanos como estes foron afectados pola pobreza, polo exilio...
A vida de
Esperanza non foi fácil, e iso foi o que máis tristeza me transmitiu. Ela tiña
vergonña de que a súa familia fose pobre e en varios momentos mente para
esconder que é pobre, por exemplo cando di que vive noutra casa ou ao ir á
festa esconde os seus zapatos feos. Ademais foi agredida sexualmente dúas
veces, unha por un señor maior que a obrigou a bicalo e outra foi violada por
uns rapaces. Por isto, a súa adolescencia foi moi dura.
Estes escenas
fixeron que sentise impotencia e rabia, de que exista xente que poida facerlle
ese tipo de cousas ás mulleres ou nenas, obrigalas a facer cousas que elas non
queren, paréceme fatal e oxalá deixe de existir xente deste tipo.
As amigas de
Esperanza tamén sofren, Alicia perde a súa nai e despois seu pai obrígaa a
madrugar para que cociñe e Sally soporta malleiras de seu pai, entón ela decide
casar para escapar do seu pai, pero non escapou das malleiras xa que despois o
que lle pega é o seu marido, por exemplo non lle deixa chamar por teléfono,
mirar pola ventá e non sae da casa ela soa por se a el lle molesta.
Esperanza ao
ser testemuña da situación das súas amigas e de que casan para escapar do abuso
dos pais terminando soportando o abuso dos maridos decide marchar de Mango
Street. As súas irmás convéncena para que volva a axudar a aqueles que non
poden escapar tan facilmente e dinlle que traballe para facer de Mango Street
un lugar mellor.
Un libro que recomendo ler sen dúbida !
Sen comentarios
Publicar un comentario