ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

04/04/16

Morning Star


Comentario de Raquel García

 
 
Morning Star
Xosé Miranda
Xerais 



Morning Star foi unha novela que ao principio me resultou un pouco lenta e monótona pero que finalmente acabou enganchándome e manténdome en suspense.
Foi unha obra á que lle atopei rasgos da sociedade feudal onde mariñeiros e labregos estaban cansos de vivir nesa sociedade e roubaban para poder comer, tamén puiden ver a pobreza que existía naquela época, a falta de estudos que tiñan as persoas e as aventuras que se daban entre bandoleiros.
Morning Star é un libro que conta as aventuras de bandoleiros no século XX en Galicia.
Nesta novela, Lourenzo vese obrigado a madurar dende pequeno por mor da situación familiar, xa que o pai é un taberneiro borracho e a súa nai unha pobre muller que ten que aturar ao marido.
O pai de Lourenzo no fondo é bo, xa que o amor pola súa muller e o seu fillo fan que actúe de forma distinta aos seus compañeiros da gavela. Pero isto non evita que cometa atrocidades á hora de loitar polo tesouro en cada asalto.
Tras a morte da nai, Lourenzo segue os pasos de seu pai e comeza a formar parte da gavela, e aínda que non é do seu agrado faino porque non ten outra saída. Este colabora en moitos asaltos ata que nun roubo coñece a Helena, unha rapaza bondadosa que axuda a Lourenzo en todo o que pode. O rapaz enámorase e decide fuxir con ela, pero a vida púxolle moitos problemas e case acaban sen vida, polo que pola súa seguridade deciden seguir cada un polo seu camiño e sepáranse.
Despois de fuxir con Helena os seus excompañeiros queren matalo, pero estes non o conseguen grazas a un experto e antigo ladrón que o axuda e lle salva a vida.
Morning Star é un libro que recomendo, xa que é fácil de ler e ademais é un  libro moi entretido porque trata de aventuras, amor, bandoleiros.. e ademais podes coñecer un pouco máis da situación de Galicia nesa época e cómo actuaban os bandoleiros.

Sen comentarios