A verdade é que non adoitaba ler libros
que excedesen as 300 páxinas, e aínda menos se estes eran de novela negra, mais
este libro foi distinto a todos os demais que lin, porque me atrapou na súa
historia dende un comezo ata o punto de querer seguir lendo máis, sen poder determe,
nin para beber auga. Resultoume fascinante toda a dificultade que ten que supor
crear unha novela así, con tantas personaxes, tantos acontecementos históricos,
cunha trama tan desenvolvida... Non podo imaxinar a cantidade de horas, de días
e meses que o autor lle debeu dedicar a esta novela, para acadar, sen dúbida, a novela que máis me aferrou as
súas páxinas. Se teño que destacar algo da novela sería sen dúbida, os capítulos
nos que o señor Neumann lle conta a Mariña e Simón, a historia de Rande, a súa
propia, a do pai de Mariña ( Daniel e Eneas ) e a historia de Troia. Unha parte
do relato que me pareceu extraordinaria foi a persecución por parte do enorme
barco, capitaneado por Blanco, no que tamén ía Otto Wessler, a pequena
planadora de Yago Ray, na que ían Mariña e Simón. Destaco sobre todo esa parte,
pola descrición tan precisa que te fai sentir coma se ti tamén estiveses na
persecución. Agradoume todo desta historia polo que non teño pega ningunha que
lle por.
P.D.T: O único que me impresionou,
foi que ao fin o asasino de dona Isabel non fose o maiordomo.
Sen comentarios
Publicar un comentario