ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

26/04/16

Todo OK

Comentario de Francisco Rodríguez



Todo OK
Diego Ameixeiras
Xerais



Este xa é o terceiro libro que leo do autor Diego Ameixeiras, e a verdade é que segue a conseguir algo que poucos autores son quenes de producir en min, ese algo son esas gañas de introducirme nas novas estancias do mundo que este autor vai creando cos seus libros. Esta vez foi Todo Ok a estancia na que me introducín; esta novela negra era xa bastante famosa entre os meus compañeiros e debo dicir que a maioría animáranme a lanzarme cara esta trama e en verdade debo agraderlle ese ánimo que me deron xa que este libro no seu conxunto agradoume moito por ter todas as cousas que busco nun libro de novela negra coma este: moitísima acción, unha trama que desenvolva un tema atractivo, certos pequenos chiscos de humor que sempre fan ben....
Gustoume moito a idea de que todo o libro, todos os personaxes e case todas as accións xiran entorno a un personaxe principal, entorno a unha muller narcotraficante, Inés Lavandeira. Á súa vez puiden percibir que todos os personaxes forman unha especie de cadea que o lector vai entrelazando a medida que se sumerxe no libro, por exemplo: o inspector Gutierrez era a persona á que a protagonista Inés lle contaba todos os trapos sucios dos que se enteraba para librarse da carcel, á súa vez Inés era a compañeira de tráfico de drogas de Xairo, que ó final é pillado cando estaba xusto a piques de escapar, logo a estes personaxes os seguen outros, tamén entrelazados, como o Sarxento Cabanas, Maria, a moza de Xairo, ou Maseda, o dono do bar onde trasncurren varias accións do libro; desta forma todos eles forman unha cadea que axuda á lectura xa que fai exercitar a imaxinación, facendoa pensar en cal será a relación que entrelace un novo personaxe que Diego introduce no libro con todos os anteriores.
Outra cousa que debo destacar é o gran detallismo nas descricións que podese apreciar neste libro, este é un rasgo que xa vira nos dous libros que lera deste autor e a verdade é que me perece que non é algo nada doado de plasmar xa que tes que expresar os detalles o xusto para que o lector se vexa a el mesmo na escena pero tamén o xusto para non desesperar ó lector e non facerlle aburrida a lectura, e creo que de momento Diego consigueuno nos tres libros.
Se lle tivera que poñer algunha pega a este libro é que hai tramos da novela que, persoalmente, creo que hai demasiada lentitude na acción, detalle que pode vir dado por un excesivo diálogo, e que, nun libro de novela negra coma este onde desborda a acción por todas partes, penso que debería haber menos, aínda que algún é necesario, momentos de "stop", para que o lector despexe un pouco a mente, pero non demasiado para non sairse da trama, antes de volverse meter noutra maratón de acción que lle require un gran esforzo ao maxín.
En definitiva un libro ó que non lle poría nada, o único que faría sería quitarlle uns poucos paróns de tanta acción porque as veces, en partes moi determinadas, pareceume que non estaba lendo un verdadeiro libro de novela negra, pero se tivera que valorar o conxunto do libro a verdade é que aprobaría e cunha notaza polo que o volvería a ler sen ningún problema.
 

Sen comentarios