Masculino
Singular de Carlos Negro é un libro de poesía moi sinxelo de ler e moi
entretido, xa que os poemas son moi diferentes entre si, hai caligramas, poemas
escritos en prosa…Todos os poemas teñen temas comúns, moi presentes na sociedade,
como o machismo, o feminismo e denuncia moitos estereotipos de xénero que nacen
co bebé, como que “as nenas visten de rosa e os nenos de azul”, “os nenos xogan
con tractores e as nenas con bonecas”.
Neste
libro, Carlos Negro fai unha crítica do que está a pasar, mulleres asasinadas
polas súas parellas e a cantidade de machismo que existe.
A voz poética é unha voz
masculina que se declara feminista e fala dunha igualdade entre homes e
mulleres.
Os poemas
que máis me gustaron foron Baldosas, Toy Story e Anatomía Semántica.
Baldosas
foi un poema que pola súa forma xa me chamou a atención e despois de lelo
souben porqué Carlos Negro o fixo así. Este poema
conta como unha muller vive co seu marido machista e mentras ela frega el está
sentado no sofá vendo o fútbol. Ao final do poema deducín que el a maltrata xa
que se nombran as palabras “sangue e bágoas”.
Toy Story é un poema que
crítica os estereotipos. Neste poema regálanlle a un neno un tractor cun
granxeiro e o neno pregúntase porque as bonecas poden non poden conducir os
tractores.
Por útlimo, Anatomía
Semántica, este poema trata dunha muller sumisa e maltratada que finalmente se
rebela.
Oxalá libros coma estes nos
fagan reflexionar e sirvan para solucionar estas situacións e non haxa tanto
machismo.
1 comentario:
Neste libro amósasenos como Carlos Negro racha para sempre co mito da virilidade de que os roles non deben estar preconcibidos: os nenos de azul é as nenas de rosa, os nenos xogar con camións e as nenas con bonecas.
Eso é o que non debe ser, e así o plasma ( Carlos Negro ) o autor do libro. É unha reflexión sobre o que supón ser home hoxe en día: Dende o “home macho” ata o heterosexual tenro, afectuano e non predominante.
Como se consegue iso? Grazas a educación, a rachar cos tópicos educativos e culturais a ter contacto co feminismo. Todo isto dende poemas curtos ata poemas visuais ou caligramas, con certa ironía sobre todo no nome dos poemas << just for men >> , << código de barras >>. No libro está claro o que quere o autor, concienciar o home de ser mellor persoa e ensinar todo aquilo que ten de muller.
Publicar un comentario