ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

27/04/16

Masculino singular

Comentario de Xosé Manuel Fernández



Masculino singular
Carlos Negro
Xerais
 
 
"Masculino singular" o libro escrito por Carlos Negro é unha obra constituída por numeros poemas que tratan temas como o machismo, o feminismo e os diferentes estereotipos que hoxe en día predominan na sociedade.
Creo que esta foi unha das pezas que máis me gustou xa que o autor consegue que entendas todo o que intenta transmitir dunha forma moi sinxela. Trata problemas tan graves como o machismo e os estereotipos que se lle aplican as mulleres e aos homes dunha forma moi fácil. Unha das cousas que máis me gustou é a cantidade de recursos que o escritor emprega como as metáforas ou os caligramas, entre outros. Se tivese que destacar algún dos poemas ou composicións serían "Técnicas de afeitado", "Toy story 1" e "Toy story 2". A primeira porque me gusta como o autor emprega unha acción tan sinxela como o afeitado, que soemos realizar os homes, para definir a situación da muller ante o sexo masculino. Sobre todo quédome ca estrofa "Unha poética de dobre folla: suave e apurada por fóra, pero cun gume cortante por dentro". Do segundo e do terceiro poema atreveríame a dicir que son os que máis me gustaron do libro. Sen dúbida unha das cousas que máis detesto son os estereotipos que se nos aplican dende que somos nenos, comenzando pola nosa vestimenta e pasando pola nosa forma de actuar dependendo de se somos homes ou mulleres. En "Toy story 1" móstrasenos como un rapaz, ao que lle regalaron un tractor cun granxeiro, comézase a preguntar por qué as bonecas con trenzas nos conducen tractores. No poema de "Toy story 2" plantéasenos unha situación bastante similar á do poema anterior, pero neste caso dende a vista dunha rapaza á que lle regalaron unha boneca con saia e vestimenta rosa, que se comeza a preguntar por qué os granxeiros con bigote nunca visten desa cor.
Para rematar dicir que foi unha das obras que máis me gustou ao longo do curso, grazas a súa sinxeleza e á capacidade que ten para transmitir unha mensaxe tan importante como é a violencia de xénero na sociedade actual, e os numeros estereotipos que se nos aplican e que moitas veces dan lugar a esas situacións. Recomendo esta peza a todos os sectores da sociedade para que se den conta do importante que está a ser a loita contra problemas tan graves como a violencia de xénero.
 

1 comentario:

MAría Rodríguez dixo...

“Masculino Singular” de Carlos Negro fainos pensar sobre o machismo, que hoxe en día aínda existe e segue acabando con moitas vidas e mulleres maltratadas.

Esta obra, a pesares de que é curta, consta de nove pequenos capítulos e con varios caligramas. Cada título ten a súa temática pero sempre baseadas no tema do machismo e dos estereotipos.

Por un lado reflicte moi ben nos seus poemas a crítica co machismo e con roles preconcibidos. “Non lle poñas adxectivos aos desexos”. Por outro lado, mostra como se sente feminista. Ao principio di o que non son, o que non teño, o que non quero, o que fixen, o que quixen, o que por sorte non son.... De todas elas, eu quédome coa frase “por sorte non son o lobo con pel de cordeiro”.

A min chocoume moito ver as frases de caligrafía dos Cadernos Rubio coa figura do pai como modelo e como xustificación de determinados comportamentos “Meu pai non manca meu pai aloumiña”. Eu pregunto, son cadernos didácticos?

Eu creo que esta sociedade machista, entre os mesmos varóns, existe unha represión para pórse patróns de comportamento e de pensamento entre eles mesmos para así ser ben vistos na comunidade masculina. O cambio supón un esforzo pero o que temos que ter en conta é que hai que educar na igualdade pero saber sempre respetar as diferenzas.

Esta obra é moi fácil de ler e coa axuda dos caligramas, fai que sexa máis entretida. Recoméndoa.