ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

28/02/14

As voces baixas

Comentario de Lucía García Rodríguez


As voces baixas
Manuel Rivas
Xerais




"As voces baixas é un libro precioso" foi a frase que me fixo coller este libro e comezar a ler.
Non sei se foi a maneira na que está relatado coas palabras que descoñecía ou os cambios de tempo como estar contando unha historia da infancia e pasar a outra doutro ano, pero non me quedei con moitas cousas. Unha das cousas que máis me gustou foron as fotos que ían aparecendo ao longo das páxinas.
O libro conta un pouco a vida do autor, Manuel Rivas. As anécdotas do ambiente rural no que medrou. Lendo o libro pódese apreciar a diferente infancia. Algúns dos nenos de hoxe medran con maquiniñas ao seu redor e todo tipo de cousas, e non por iso son máis felices. Perden esa época de xogar e brincar, e unha das miñas cousas preferidas: inventar os propios xogos. Isto refléxase moi ben no libro. Pareceume que estaba moi unido á súa irmá María. Estes capítulos son os que máis me gustaron.
Tamén fala algo da vida adulta, pero esa parte non me gustou moito.
É curioso ler a biografía de alguén novo, pois aínda lle quedan moitas cousas por vivir.
Este é o segundo libro de Manuel Rivas que leo, pero tampouco me enganchou. Para comprendelo mellor tería que volver lelo.

Sen comentarios