ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

01/03/14

Todo ben

Comentario de Marta Campelo


Todo ben
Manuel Rivas
Xerais

Ao principio parece curto, pero cando o empecei a ler xa me dei conta que levaba moita información e me foi complicado de ler.
Rodeando o fútbol hai coma unha escuridade de negocios, política, poder do diñeiro, etc., pero Marcos Andrade, xornalista de crónicas deportivas e os seus amigos, Jean Claude e Giovanni,  loitan para que entre tanta escuridade poida verse algo de luz, aínda que sexa no futuro.
Na miña opinión a trama das mortes e desaparicións son contadas e resoltas sen moita acción e sen moitos detalles.
Gustoume o valor da amizade. Marcos Andrade di ao inspector Rubens que a razón pola que publica a lista de nomes implicados nas mortes é porque Jean Claude merecía que publicara a lista, despois Marcos Andrade ten que desaparecer porque a súa vida está en perigo.
A pesar de todo isto, non me gustou este libro pola súa complexidade.
 

1 comentario:

Zaira Eiriz dixo...

A min siceramente gustoume bastante, como todo libro ten algunhas partes que non gustan ao lector, pero ten mais partes boas que malas, polo menos para min