ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

02/03/14

Flanagan de Luxe

Comentario de María Framiñán


Flanagan de luxe
Andreu Martin, Jaume Ribera
Xerais





Encantoume este libro polo ameno e divertido que me foi lelo; empeceino unha mañá e cando o acabei xa era a tarde: pasóuseme rapidísimo. Flanagan de luxe é un libro que conta moitas cousas pero en especial a vida dun adolescentes cos seus pros e contras.
Móstranos un lado da adolescencia, comezando por como ensinar en que se pode chegar a converter un adolescente. Por exemplo, Erreá, un rapaz moi chulo e moi prepotente enganou a Flangan ata facerlle crer que morrera e todo; era unha broma de moi mal gusto maquinado por Erreá e seus amigos. 
Despois continuou facéndolle crer un falso secuestro á familia de Errea tan só para conseguir unha boa cantidade de diñeiro. Como se pode xogar cos sentimentos da familia ??
Para min que esa persoa non tivo unha boa infancia por iso era tan chulo e prepotente . Como non o ía ser se os pais estaban de viaxe todo o santo día ??
Pregúntome se os pais sempre faran o correcto con respecto aos seus fillos..
En fin, a min este libro engaioloume dende a primeira páxina, pola forma en que argumentaron  os escritores este libro xa que reflexionas sobre certos puntos sen dar nin conta do que o fas . Si que é certo que me cambiou moito a forma de enfocar os pais con respecto aos fillos .
 

Sen comentarios