Comentario de Lara Verde Iglesias
Todo somos
Marcos Calveiro
Xerais
Gustoume moito este libro debido a que nel se narra unha
situación moi inxusta , pero que pasa actualmente , a desaparición das
adolescentes, neste caso a desaparición
de Natalia.
Este relato ensinoume como toda unha cidade pode cambiar
ante un suceso. E móstranse dúas caras
da traxedia: o pouco respecto que teñen
os periodistas nestes casos onde só lles interesa ganar audiencia. Por outra parte temos os pais dos rapaces que
viven nesa cidade, que cambian a súa forma de ser, o seu carácter será moito máis protector. E vemos tamén como unha cidade , en casos como
estes , únese .
O que máis resaltaría neste libo é que me encantou como a
axente policial Lina Souto ten unha gran afinidade con Antón, debido a que se
parecía moito a un alumno seu que fora asasinado nunha excursión.
Esta novela está moi ben escrita, xa que produce intriga e
ganas de seguir lendo ata o final. Non
temos un final feliz polo que produce lágrimas no lector (no meu caso)
pero eu penso que o autor quería mostrar unha realidade e a maioría das
desaparicións teñen un final tráxico.
Sen comentarios
Publicar un comentario