Os fillos do mar de Pedro Feijoo é unha novela de
intriga e con certo toque humorístico.
Cando vin o grosor do libro botoume un pouco para atrás. A
min, ao principio non me gustou moito pero segundo o ía lendo e coa aparición
de novos personaxes que van contando cada un a súa historia, íame gustándome máis
de tal xeito que conseguiu engancharme.
Na visita que nos fixo Pedro Feijoo ao noso centro, non nos
desvelou nada deste libro pero deixounos claro que o que pretendía era empregar
unha linguaxe sinxela para que o entendésemos mellor. Para min, conseguiuno.
Simón Varela, un arquitecto,
é o protagonista. Non ten moito
traballo, sempre que o chaman é para facer algunha chapuza. Pero un día recibe
unha chamada dunha señora de alta sociedade,
Isabel Llobet, para realizar unha reforma nunha fonte no pazo de Canido.
Aínda que, sorprendido, Simón acepta a realización das obras.
Isabel morre ao día seguinte dun ataque ao corazón e a
partires de aquí empezan os problemas para Simón e para a familia da muller
morta.
Os seus fillos, Mariña e Xullo, herdan unha gran fortuna,
incluída unha moeda de ouro que, ao querer saber máis sobre ela, van informarse
a un anticuario e ao saír, son atracados. Pasados unhos días, Simón é informado
de que tamén é un dos herdeiros.
Esta novela está ambientada en Vigo e arredores, como na
praia de Samil, a praia de Canido, bares da zona, A Ponte de Rande ... A
descrición dos espazos faina tan ben e con tantos detalles que dá a sensación
de estar diante daquela paisaxe, bar ou praia.
Nesta obra desborda
moita acción, intriga, romance, asasinatos, historia e aventura. É un
libro moi sinxelo de ler e remátase rápido, a pesar da súa extensión. Moitas
dos feitos que ocorren, non se desvelan ata o final do libro.
Gustoume moito. Recoméndoa.
Sen comentarios
Publicar un comentario