ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

21/02/16

Os fillos do mar

Comentario de David González Sampayo



Os fillos do mar
Pedro Feijoo
Xerais 


"Os fillos do mar" é unha libro de novela negra, que me enganchou, intrigou e me divertiu coma ningún outro. Esta novela está chea de emoción e misterios que me mantiveron lendo ata altas horas da noite durante as vacacións do entroido. Nela trátanse temas cheos de acción como o narcotráfico ou os asasinatos. Cando Pedro Feijoo, o autor do libro, veu ao noso instituto a falar do seu libro, dixo que chegara á conclusión de que tiña que sacar unha segunda parte do libro con somníferos. Agora tras ler esta obra, podo confirmar que o autor estaba totalmente acertado e encantaríame que sacara unha segunda parte, aínda que mellorar esta novela xa sexa moi difícil. Nesta obra, o seu autor proporciónalle aínda máis misterio aos asasinatos, do que por si sós eles teñen; o que fai desta obra unha das mellores que lin ata agora. Outro aspecto que me gustou moito do libro é que é moi realista. A pesar da súa longa extensión é un libro moi rápido e sinxelo de ler e para min esta novela foi todo un éxito. Outro aspecto que me gustou moito da novela, foi que a súa linguaxe está chea de retranca. Como ben dixen antes este libro enganchoume de principio a fin pero desde a morte de Isabel, a historia intriga aínda máis ao lector. Sen dúbida recoméndolle este libro a todo mundo, xa que vale para todas as idades e, na miña opinión, esta obra non defraudará a ninguén.

O feito de que o autor relacione o mundo actual co feitos do pasado gústoume moito e, esta evasión no espazo cara a épocas pasadas coma a Batalla de Rande permítenche obter gran información sobre datos históricos de Galicia. Ademais de datos histórcos de Galicia trata temas históricos en Europa, coma o Terceiro Reich, e tamén temas presentes na actualidade europea como é o asunto dos refuxiados.

Por outra parte o autor consegue que o lector non coñeza aos autores dos asasinatos, coma o de Isabel; se chegará a algo a relación, nun principio de amizade, pero que remata cun profundo beso entre Mariña e Simón, en definitiva todos causantes dos diferentes feitos que envolven a historia non se descobren ata o final do libro.

Tamén creo que o autor ten un gran mérito, xa que para escribir un libro coma este, precísase moito tempo, xa que hai que informarse de datos históricos e pensar moito o trancurso da acción.

Para min a parte máis interesante da historia foi o momento no que Mariña e Simón van á Cova do Inferno, onde se decatan de que o tesouro da Batalla de Rande xa non está alí e descobren que Xulio e Otto Wesler os perseguiran ata alí. Tras un tiroteo Mariña e Simón escapan nunha planadora e Xulio e Otto van detrás deles. Esta persecución prodúcese por varias zonas da ría de Vigo e, finalmente os perseguidores baten contra unha batea. Este foi, sen dúbida, a parte máis emocionante da novela, xa que me recordou a unha das miñas series favoritas, "Alerta Cobra".

O final gústoume, xa que é cerrado e, en canto aos personaxes, o meu preferido, foi Simón, xa que me pareceu moi simpático, intelexente e encantáronme eses momentos, nos que di, que cando está Mariña, para el o tempo e todo o que está ao seu redor, detense. O momento do final da historia no que Mariña e Simón se bican, foi moi bonito.

Sen comentarios