"A praia dos afogados" foi o primeiro libro que lin de Domingo Villar e sinceramente encantoume todo o libro, dende a primeira palabra ata o punto final, de tal xeito que un número de páxinas tan escandaloso como é o desta novela resultoume moi rápido e entretido de ler. Collin este libro sen saber que era un taquillazo, como se diría no mundo do cine, ou un best selle , como de diría no ámbito novelesco, xa que o descubrín tras a fermosa charla de Pedro Feijoo.
Esta libro sería o
máis parecido ó que eu definiría coma o libro perfecto xa que ten case
todas as características que eu busco nun libro: anacos de comedia, unha
pinga de sentimentalismo, moita acción, intriga.... Comezando co título:
paréceme un título perfectamente adaptado á trama que se desenvolve, ao
mesmo tempo que penso que é moi orixinal. Seguindo, eses anacos de
comedia que lle sacan ao lector ese sorriso máxico que creo que é un dos
obxectivos do autor cando crea unha obra, parecéronme indispensables
nesta novela para distraerse de tanta acción e intriga e rirse un rato.
Esta risa produciuma principalmente a participación de Leo Caldas no
programa de radio Patrulla nas Ondas que foi moi divertida pero
sobre todo o libro dos idiotas do pai de Leo xa que me pareceu un detalle
do máis orixinal e co que me escacharrei da risa.
Logo tamén
quero destacar esa pinga de sentimentalismo que produce o feito de que o
tio de Leo teña unha enfermidade pola cal está o pai do protagonista
moi preocupado, ese foi un feito que me tocou un pouco o corazón; e
quero destacar o labor do autor introducindo de forma perfecta un
detalle sentiemental nunha novela tan chea de acción, o que me parece
realmente complicado.
Pero principalmete o feito que me
mantivo dentro da trama foi esa intriga que dende o descubrimento do
cadáver de Xusto Castelo mantense intensamente durante todo o transcurso
do libro, presentada no medio dunha linguaxe simple que axuda moito á
lectura, o que me encantou.
E por último quería dicir que a
acción aparte de en cantidade tamén aparece cunha gran calidade xa que
me parece moi interesante a historia dos asasinatos de Marco Valverde
xunto coa outra historia paralela pero entrelazada ao mesmo tempo de
Rebeca e o seu fillo Diego, que colle unha gran importancia no desenlace
no libro.
En definitiva un libro moi bo, que me deixou un moi bo sabor de boca e que volvería a ler con moito gusto.
Sen comentarios
Publicar un comentario