Comentario de Vanesa Lalín Pousa
Era tempo de apandar
Ramón de Valenzuela
A Nosa Terra
“Era tempo de
apandar” , un título moi interesante, que me invitou a pensar moitas cousas,
pero en realidade só se escondía unha tras esas palabras, outra vez alguén era
culpado polas súas ideas, había que pagar dalgunha maneira pola forma de ser
ou de ver o mundo, que neste caso eran lugares moi cercanos, que ainda que
non os coñezo todos, unha vez que ía lendo o seu nome causaban en min
curiosidade por saber máis acerca deles e desas historias que se produciron
neles, coas súas xentes que eran persoas como poderiamos ser calquera de nós
coas nosas ideas, onde moitas veces por
intentar defendelas nos levan a situacións como era o caso deste mozo
protagonista do libro ao cal lle ocorreron situacións moi inxustas, como foi
ter que ir á guerra obrigatoriamente, e no bando que era oposto ás súas crenzas.
Este volveu ser
un libro que me ensinou moitas cousas que se viviron aquí en Galiza, eu xa oirá
falar do que sucedera nas minas de Fontao co wolfram, pero este axudoume a
entender algo máis o que alí pasaba realmente .
Esta historia foi
moi similar a do libro que rematara de ler ,”O sinor Afranio” , xa que outra
vez me volvía narrar a biografía tamén do propio autor que neste caso é
Ramón de Valenzuela , que así grazas ás súas vivenzas que transmite nesta
historia fíxome pensar que dependendo na época na que vivimos a nosa vida pode
ser tan diferente, pero o máis importante sempre é loitar por vivir,
ainda que moitas veces se cometan situacións inxustas en contra nosa, pero que
nunca nos debemos render para conseguir as cousas, que ao final algo
atoparemos.
Sen comentarios
Publicar un comentario