Comentario de Cristina Costela Seara
Os fillos do mar
Pedro Feijoo
Xerais
“Os fillos do mar” de Pedro Feijoo doi un libro que me
enganchou dende a primeira páxina que comecei a ler, no único que pensaba era en
descubrir se pasaba algo entre Simón e Mariña, que pasaría con Ascanio,
quen matou á señora Isabel Llobet… Unha serie de preguntas que só se resolverán
ao acabar o libro.
Esta novela está
chea de acción, de misterio, con tintes de novela negra e histórica, unha
acción na que non faltarán os narcos e os nazis. Uns narcos entre os que se
sospeita de Xulio Ascanio, e uns nazis cuxas carpas chagan ao Burato do
Inferno, para recuperar todo o ouro que levaran ata alí os piratas.
Pedro Feijoo mestura moi ben a historia do pasado e o
presente de forma que mantén a intriga ata ao final, ademais é unha novela moi
recomendable a aqueles que non coñezan nada sobre a Batalla de Rande.
A trama da novela enganchoume ata o final. E o mar, como
ben di o título, é unha parte fundamental da novela. A el chegará unha flota de
galeóns chamada a Flota de Ouro, co metal prezado procedente de América. A súa
carga acabará no fondo da ría de Vigo tras a Batalla de Rande, e a lenda di que
baixo as súas augas se atopa soterrada unha gran fortuna.
O desecandeante da acción e da intriga é a morte de
Isabel e será a causa pola que Simón Varela, o protagonista, se verá metido
nunha serie de acontecementos dos que non poderá saír e grazas a eles poderá
descifrar o contido do cofre atopado durante a restauración do estanque.
O protagonista, Simón Varela, tenro e delicioso, "un
miñaxoias", conquistoume dende un principio. Porque é un máis, un coma
nós: nada ten de heroe nin de valente; sente, padece, e ama.
É un libro fácil de ler, que está cheo de ironía e
retranca.
Sen comentarios
Publicar un comentario