ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

29/01/14

Unha rosa é unha rosa

Comentario de Nicolás Rivera Mallo


Unha rosa é unha rosa
Suso de Toro
Xerais


Esta obra é unha sátira das situación ás que poderían chegar as persoas pola avaricia e a codicia. Suso de Toro leva ós personaxes ata o extremo de acadar a locura máxima, é dicir, chegar a matarse entre eles.
O personaxe que máis me gustou é a tía Rosa, ten ese punto de humor que te fai rir aínda que non queiras.
Non era a primeira vez que lía unha obra de teatro e é un xénero que me gusta porque é doado de ler. Esta historia en particular pareceume graciosa e extravagante á vez.
Resumindo, recoméndolle a súa lectura a todos. Disfrutaredes dela.

1 comentario:

Andrea Pérez dixo...

a pesar de que non me gusta ler libros de teatro pareceume moi gracioso. O libro custoume algo lelo pero despois comprendino