Comentario de Silvia Bruguera
Memorias dun neno labrego
Xosé Neira Vilas
Ed. do Castro
Este
libro foi doádo de comprender xa que o escritor usa un vocabulario
moi sinxelo.
Balbino
é un rapaz da aldea. Os seus pais son labregos, son xente que
traballa para o seu señor. No libro refléxanse as desigualdades
sociais: de como os señores posuían os privilexios, as terras e os
cartos mentres que os labregos tiñan soamente o necesario para
sobrevivir, as terras que traballaban e os cultivos que recollian
nelas ían para os seus señores. As historias deste libro foron
escritas por Balbino no seu diario; e posteriormente un autor
coñecido publicou a súa vida, para que a xente observase a
sociedade do seu tempo.
Ensina
como era a vida rural hai moitos anos; as tarefas que tiñan que
realizar ás tres da mañá, que os seus señores sempre tiñan razón
e non se podia contradicilos porque senón castigaban aos labregos.
Unha
parte do libro que me gustou foi cando Balbino decide fuxir uns días
da casa porque o seu pai deulle unha somanta despois de meterse con
Manolito, o fillo do seus señores. Porque Manolito anteriormente
cuspírao, déralle cos zocos e ameazárao a el e á súa familia con
botalos da súa casa se quixese. Pareceume ben que Balbino non
quedase calado, e que se revelase en contra do que pensaba que estaba
mal, pese a ser un neno de pouca idade.
Un
capítulo que tamén me agradou foi " O xudío " nesta
parte fala de cando Balbino foi dar ao seu terreo, na procesión da
misa. O xudío concienciouno sobre que non crese cegamente na
relixión, nin nos seus oradores porque mentres a xente confesa os
seus pecados, os curas contannos polo pobo. Contoulle a Balbino que o
chamaban o Xudío simplemente por dicir o que pensa, dicia que pensar
e pidir xustiza era pecado. Tamén fai unha pequena crítica do que
se lles ensinaba aos rapaces e que era realmente necesario.
Un
dos capítulos que menos me agradou foi na morte do seu padriño;
porque reflexa o sentimento de tristura de toda a familia de Balbino.
Nalgún
capítulo fala de ir ás Américas. O seu irmán maior, Miguel, foi
en busca de cartos para facerse rico; pero en realidade naqueles
tempos había as mesmas vantaxes en Galicia e nas Américas. Algúns
mesmo volvían máis pobres do que foron, e outros nin sequera podían
volver porque os seus recursos económicos non llo permitían.
Balbino tamén quería marchar para as Américas coma seu irmán,
porque quería coñecer o mundo, as historias doutros puntos
xeográficos e facerse rico.
O
meu personaxe favorito é o protagonista Balbino, gústame moito a súa
forma de ser, xa que non queda calado ante as cousas que pensa que
son inxustas.
Sen comentarios
Publicar un comentario