ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

30/11/14

O corazón de Xúpiter


Comentario de David González Sampayo


O corazón de Xúpiter
Ledicia Costas
Xerais







Esta historia de Ledicia Costas gustoume moito, mantívome enganchado e intrigado ata o último punto. Durante a historia o meu corpo cambiaba de estado continuamente. Segundo o capítulo que lía o meu corpo sentía alegría, tristura, impotencia...

O asunto que plantea Ledicia é algo totalmente relacionable co mundo real. Tamén me ensinou a a saber escoitar aos amigos como é o caso de Isla, que non escoita ás opinións da súa amiga Mar sobre as relacións a través de Internet e finalmente acaba como acaba.

Cando Isla muda cara á Rexión está insegura porque terá que facer novos amigos e non sabe como a recibirán e finalmente Mar é a súa salvación, unha luz ao final do túnel.

O personaxe Marcos Carballo fíxome sentir moi impotente de non poder facerlle sentir o que el lle facía a Isla. Era un auténtico inmaduro que non paraba de acosar a Isla e tan só por envexa

O personaxe que máis me gustou e co que máis identificado me sentín foi con Anxo , xa que eu nun caso parecido a este tamén actuaría da forma na que el o fixo. É un adolescente que nunca se rende e ao longo da historia, nunca dá por mortas as posibilidades de ser mozo de Isla, da que estaba namoradísimo.

O desenlace da historia non foi o que esperaba pero tamén o esperaba a medida que transcurría a historia. Primeiro cría que o final sería estilo "e foron feices e comeron perdices" pero cando quedas para ver a alguén nun sitio escuro e abandonado a cousa non pinta moi ben.

1 comentario:

Alberte Payo Lara dixo...

A autora mestura moitos problemas socias que hai na nosa actualidade como o acoso escolar ou o engano nas redes sociais.
Na miña opinión o final da novela é moi dramático e triste, a min gustaríame moito máis que ao final a protagonista acabara ben e non con ese final, pois xa tivera desgrazas dabondo.