ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

01/12/14

O corazón de Xúpiter


Comentario de Guillermo Fernández Portas





O corazón de Xúpiter
Ledicia Costas
Xerais




Este libro de Ledicia Costas foi dos mellores libros que lin. Reflexa a triste realidade sobre a vida dalgúns dos adolescentes de hoxe en día. Non me sentín identificado con ningún personase, pero sí que me chamou a atención o papel de Anxo. Non sería sincero se dixera que me gustou o final porque, como lle pasaría a todos os meus compañeiros, gustaríame que Isla tivera outo destino. O que menos me gustou do libro foi a cantidade de historias mitolóxicas que ten, que me resulto algo repetitivo e lioso. En resumo, un libro co que disfrutas lendo, estás todo o tempo pensando quen será Xúpiter e imaxínaste diferentes finais a medida que van avanzando os capítulos.

1 comentario:

jorge Gonzalez dixo...

Tan pronto coma collín o libro, pensei que sería o típico libro de amor, un mozo e unha moza que se enamoran, pero non foi así.
Mentres estaba lendo o libro sentín tristeza por Isla e tamén impotencia por non poder facer nada para axudar.
A historia desta obra literaria pódese relacionar coa realidade, porque algúns mozos e mozas reciben abusos ou fan calquera cousa para encaixar.
O final deste libro é diferente que outras obras literarias románticas. En realidade, este libro ten dous finais contraditorios, donde a autora quixo transmitir que non te podes fiar de calquera.
A estructura desta obra é un pouco enrevesada, porque o comezo do libro é parte do final.

En conclusión, este libro de Ledicia Costas gustóume moito.