O corazón de Xúpiter
Ledicia Costas
Xerais
Ledicia Costas
Xerais
Di a profesora no seu blogue que non cre que nos guste o libro polo seu
final e porque non remata coma os libros e películas “Disney”.
Gustoume por toda a temática tratada. Creo que hai que falar da vida coma
da morte para poder medrar e non vivir nun lugar illado como se estivéramos
envoltos en papel de regalo e penso que se nos gustou O Rei León quizais foi
porque morreu o pai (Mufasa) e se recordamos a Bambi é porque morreu a nai.
Hai
outra temática no libro que é a homosexualidade, penso que está tratada con naturalidade e aceptada polo protagonista. Non sempre é así ocasionando ás veces verdadeiros
problemas psicolóxicos cando non chegan ó físico. Outros temas tratados no
libro que me pareceron acorde a nosa idade é sen dubida: as relacións e amizades
a través de internet e por suposto o seu perigo; tamén
chama a atención o tema da droga como funde a unha familia e os problemas que
lle da ó rapaz Carballo.
En resumo actual, dinámica, entretida e real serían os cualificativos que
eu lle daría á novela.
Sen comentarios
Publicar un comentario