Comentario de Adrián Mato
A lenda de Sleepy Hollow e outros relatos
Washington Irving
Urco
Gústanme
moito os libros de terror e este non ía ser menos. Agradáronme todas as
historias pero especialmente a de Tom Waltter e o Demo, porque me encanta a
forma na que o autor castiga a avaricia de Tom e a súa muller, que a pesar de
ter vivido na miseria, non se compadecen dos que antes podían haber sido eles,
persoas que lle van pedir un préstamo e das cales se aproveita para sacarlle
ata o último can que posúen. Outra historia que tamén me sorprendeu moito foi a
aventura do alemán, polo abraiante do seu relato e o insólito final. Como
alguén pode ser capaz de namorar dunha face que ve en soños, para máis tarde
atoparse con ela na rúa e casar. Quizais a que menos me agradou foi a de Sleepy
Hollow posto que esperaba máis dun relato que foi levado ao cine. Quizais
esperaba unha maior importancia do cabaleiro sen cabeza e non tanto da súa vítima.
Sen comentarios
Publicar un comentario