Calquera
que lea o título pode pensar mal e pensar que unha prostituta recorre Europa e
os seus diversos países e describe as súas experiencias vividas alá, pero dende
logo esta ben equivocado.
Dúas
mulleres feministas, radicais e lesbianas que queren ser oídas e frear a
violencia de xénero contra as mulleres, dunha vez por todas, non se lles ocorre
mellor remedio que facerse pasar por prostitutas e asasinar os seus clientes
deixando xunto eles unha tarxeta co nome de <>.
Non
sería unha solución pacífica para todos pero tampouco o é o que os homes fan;
elas toman a xustiza pola súa man e quen mellor ca elas que o viviron para
facelo. Creo que as penas contra o asasinato ou calquera tipo de violencia
contra mulleres é moi pouco, esas persoas deberían sentir o mesmo que sentiron
elas durante todo ese suplicio. Non solo é para defensa de mulleres senón tamén
de homes que sofren violencia de algún tipo, creo que non hai ningunha necesidade
de pegarse uns a outros ou chegar a morte.
É un
libro cargado de crítica social como no sexo das protagonistas, xa que normalmente son os homes os asasinos e
as mulleres as indefensas, sendo que a persoa máis resaltada en halterofilia en
España é unha muller; a súa condición
sexual e a maneira de tratalas, como se fosen obxectos. Aínda así é un libro
interesante e bastante entretido, algunhas partes máis ca outras.
Sen comentarios
Publicar un comentario