Comentario de Anxo Gil
O mundo secreto de Basilius Hoffman
Fernando M. Cimadevila
Urco
Este libro gustoume moito porque trata temas
mitolóxicos, e , ao gustarme a mitoloxía, xa teño lido máis libros dese tema,
pero nunca un deste estilo, onde a mitoloxía se mestura coa realidade e se
funden nuha mesma cousa, creando un mundo no que coexiste a maxia e a
tecnoloxía de hoxe en día. O personaxe de Rivka tamén me gustou, pois ela só
quería divertirse, e o pai non lle deixa divertirse porque iso non é propio
dunha dama. Aínda así, o final pareceume moi similar ao de Matilda: Peter acabou
vivindo nun lugar no que era feliz, xunto co seu tío. Dixéronme que había unha
segunda parte do libro, así que o vou mercar.
Sen comentarios
Publicar un comentario