Comentario de Anxo Gil
Harry Potter e a orde do fénix
J. K. Rowling
Galaxia
É o meu libro favorito, e moléstame moito que
a xente o rexeite cando ven o seu tamaño. A min gústame moito o libro en si,
porque é nese libro onde atopo máis momentos cos que me sinto identificado,
pola inxustiza a que Harry se ve sometido polo Ministerio só por decir a
verdade, xa que ao ministro non lle convén dicir que un maníaco anda solto por
Inglaterra adiante; aí penso nos políticos, que calan as cousas que non lles
favorece dicir. A profesora Umbridge, enviada polo Ministerio, maltrata aos
alumnos e castígaos duramente, chegando ao sadismo, e sendo repugnante a todos
os niveis. Iso paréceme moi inxusto, e divírteme moito ler a parte na que a
raptan e os centauros a levan á súa guarida por habelos atacado.
Sen comentarios
Publicar un comentario