Cartas de inverno
Agustín FErnández Paz
Xerais
É un libro de moito misterio,
medo e intriga ata o final. Fala da amizade entre Adrián e Xavier na distancia,
coma cando Adrián regresa ás súas raíces, das que ningúen se esquece.
Teñen unha amizade especial, e ó
comprar a Casa Encantada vaille contando os misterios que observa nela.
Todo o tempo queres seguilo lendo
para ver como remata, destaco as chamadas escoitando voces que non se entenden,
a criatura que se agochaba na casa e a súa irmá Tareixa que tardou bastante en
chegar ata alí.
Aínda que a casa remata queimada,
quero pensar que os protagonistas quizais salváronse desta traxedia.
Tiña unha linguaxe sinxela e é un libro moi recomendable coma todos os que lin de Agustín Fernández Paz.
Sen comentarios
Publicar un comentario