Este Libro xa o lera en
anteriores cursos, é fácil de ler e divertido á vez; xa que podemos
comparar a vida do Principiño con calquera das nosas vidas, que vai visitando
distintos lugares cos que se atopa con xentes ben diferentes dos que sempre
aprenderás algo, se son boas influencias.
Chega a eses lugares por
distintos camiños, uns máis complicados e outros máis doados, tropezando con
cousas que ás veces poden ser descoñecidas.
Fíxome reflexionar sobre o valor
da amizade como a que se dá entre o Aviador e o Principiño, aínda que todo fora un
soño que el debuxara na súa imaxinación. Ensíname o valor da beleza reflexado
na Rosa e nas cousas pequenas, que son moi importantes para uns e
insignificantes para outros.
Tamén fala da creatividade e da
imaxinación, con un Vocabulario traballado e fácil de Ler tanto para adultos
coma por nenos.
Sen comentarios
Publicar un comentario