Comentario de Roberto Agra Buján
Nas montañas da loucura
Lovecraft
Urco
Sendo
este o terceiro relato de Lovecraft que leo, debo dicir que este foi
o que máis me impresionou, non só pola profundidade da historia,
senón tamén polo aire enigmático que envolve toda a novela e que
non desaparece, nin sequera ao final desta.
Ao
principio o libro non me enganchou moito, non sei se isto é debido a
que ao meu entender, o interesante da novela non empeza ata a metade
do libro ou se foi porque só fun capaz de ir lendo aos poucos, dúas
páxinas un día, outras dúas outro. Iso si, cando rematei os exames
e puiden pórme a ler o libro con calma, engancheime e fun capaz de
lelo con bastante velocidade.
Aínda
que o libro é unha obra mestra do xénero do terror material, non
direi que non ten puntos a mellorar, por suposto que os ten, un deles
por exemplo é o exceso esaxerado de descripción da cidade onde
ocorren a maioría de feitos sobrenaturais, acabei de baixorrelevos,
medallóns e portas en arco ata as narices, sempre descrición
durante o que a min me pareceu un interminable conxunto de páxinas.
En
resumo, Lovecraft volveume sorprender coa mestría que tiña para os
relatos de terror e a suprema destreza da que facía gala para
englobar todo nun mesmo universo, todas as historias que lin están
unidas aos Antigos e ao Necronomicón dunha ou doutra maneira e iso é
algo que me fascina profundamente.
Sen comentarios
Publicar un comentario