Comentario de Roberto Agra Buján
A gorida do Verme Branco
Bram Stoker
Urco
Verdadeiramente é unha
mágoa que toda a obra de Bram Stoker estea eclipsada por Drácula.
Bram Stoker tamén escribiu outros libros á parte dese e un deles é
"A gorida do Verme Branco", un libro de gran calidade e que
me atrapou desde o principio.
Neste libro todavía hai
certa, digamos, reminiscencia, de "Drácula" pois o
personaxe que a min máis me gustou chamado Sir Nathaniel de Salis é
unha especie de erudito moi similar a Van Helsing en moitos aspectos.
Centrándome xa no libro
en si, debo dicir que é moi bo, toda a narrativa é contada con gran
mestría, toda a ambientación é moi atrapante e todos os misterios
son, sen dúbida ningunha, enrevesados.
Os personaxes gozan dun
carisma pouco habitual, isto consegue que aborrezas aos antagonistas,
aos cales vas vendo caer en decandencia conforme o libro avanza, e
que adores e lle teñas certo cariño aos protagonistas.
Rematando xa, como
conclusión debo dicir que "A gorida do Verme Branco" é un
gran libro e que por desgraza non gozou da fama que se merecía por
estar eclipsado por "Drácula".
Sen comentarios
Publicar un comentario