Comentario de Alba Rey
Agosto do 36
Xosé Fernández Ferreiro
Xerais
Neste libro Xosé Fernández
Ferreiro trata de volver aos inicios da Guerra Civil cando os falanxistas
tratan de limpar España de comunistas. Introducíndose nas situación vividas na
época, ademais dos métodos empregados para esa “limpeza”, a obra reflicte un
caso concreto dos moitos que neses momentos ocorrían.
A historia do libro
plasma o profundo odio que sente un falanxista, Manuel o Garabís, cara a un
mestre, Gregorio o Xirandón, enfrontados os dous en tempos pasados polo amor
dunha muller, Sara. A cruel vinganza que leva a cabo Manuel vai máis alá do
feito de que o mestre sexa comunista, así a verdadeira razón é o rancor que
sente a nivel persoal contra Gregorio. A atrocidade toma forma de persoa no
falanxista que se volve capaz de aldraxar, humillar e por último, asasinar a
muller da que estivera e aínda está namorado. E, de feito, ela, Sara, unha
vítima inocente que paga inxustamente o desbordamento dos sentimentos levados
da man polo orgullo e a vinganza que mostra a cara máis despiadada do ser
humano.
Pareceume un libro moi cruel,
aínda que conte realmente os sucesos desa época, e tamén me pareceu incrible
que o amor e o odio se toquen.
Sen comentarios
Publicar un comentario