Comentario de Roberto Agra
O horror de Dunwich
Lovecraft
Urco
"O horror de Dunwich"
ten un grandísimo argumento e unha moi boa ambientación.
Esas referencias a uns
seres superiores e incriblemente poderosos, sempre envoltos nunha
escuridade de misterio, fan que necesites seguir lendo para saber se
conseguirán someter á humanidade ou se pola contra serán
derrotados por uns valentes homes que lles tentarán facer fronte.
Todos os enigmas
imperantes no relato fan que pouco a pouco unha inquientante
sensación se vaia apoderando de ti porque o libro mergúllate de tal
maneira na historia que parece que a esteas a vivir nas túas propias
carnes.
Por último, creo que é
obrigado dicir que Lovecraft creou un novo subxénero dentro do
terror e que "O horror de Dunwich" é un dos máximos
representantes deste subxénero.Tamén, debo dicir que agora entendo
porque este relato se considera parte do núcleo duro dos Mitos de
Cthulhu, é un dos que conserva máis intacta a ensencia do terror
materialista no que se basean a maioría de relatos de Lovecraft.
Sen comentarios
Publicar un comentario