Comentario de Roberto Agra
Aire Negro
Agustín Fernández Paz
Xerais
Como me sorprendeu atoparme cun libro
de Agustín Fernández Paz que non utilice os microrrelatos durante o
transcurso da novela! De todos modos, o libro encantoume, e a maneira
en que mantén os misterios cos que inicia o libro ata o final
mentres que se van añadindo novos enigmas ao argumento, pareceume
sublime.
Ao principio o libro pareceume algo
lento, e o pouco cariño que lle tiña ao protagonista tampouco
axudou moito a engancharme a poñerme a ler, non me pareceu que un
doutor dunha clínica psiquiátrica fose o protagonista máis
atractivo para un libro de misterio. Pero segundo transcorría a
novela, empeceille a engancharme e ata me decepcionou un pouco o
cambio de protagonista pero dúas páxinas despois de ese cambio, xa
estaba a gusto coa nova protagonista.
Se ben, creo que o groso da novela está
no que conta Laura Novo, o final no que toma parte o doutor Moldes,
pareceume moi bo e ata certo punto inquietante. Sen destapar o final,
só direi que é un final bastante inesperado e que a min me gustou
moito, todos os enigmas se resolven con claridade pero o final segue
sendo, como era costume nos libros de Agustín, aberto.
En definitiva, "Aire negro" é
un libro excepcional, con ese aire de terror e misterio clásico dos
libros de Agustín Fernández Paz. O perigo sobrenatural ao que os
protagonistas se enfrontan é, sobre todo, impresionante e
misterioso, o cal fai que acabes por sentir certa curiosidade con
respecto a el. Neste libro todo está moi ben ordenado e relatado,
conseguindo envolverte nunha atmosfera de escuridade e misterio sen
igual.
Sen comentarios
Publicar un comentario