ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

13/06/17

A evolución de Calpurnia Tate


Comentario de Zaira Míguez

A evolución de Calpurnia Tate
Jacqueline Kelly
Kalandraka
  


Este libro cóntanos a historia do verán de 1899 que  vive unha  rapaza de 11 anos en Texas. Calpurnia era a única muller de sete irmáns. A rapaza mostra durante toda a novela o seu interese pola natureza  pero a súa nai obrigábaa a estudar cociña e piano, cousa  que non lle interesaba para nada á protagonista. O seu gusto pola ciencia fai que comece a relacionarse co avó ao que lle fai preguntas pero el fai que sexa ela mesma quen encontre as respostas. Isto leva a que medre unha confianza e simplicidade entre o home e a súa neta.
Durante toda a lectura  vemos a diferenza de educación que se lles daba aos homes e mulleres daquela  época, ademais que a muller se tiña como un obxecto que non tiña ningún mandato. Isto podémolo observar en moitas escenas pero un exemplo é cando un irmán lle di á súa irmá que as mulleres non votan nin se lles paga, que deben quedar na casa coidando dos seus homes, familias e fillos. Isto é un claro exemplo da opresión que sufría a muller nesa época.
Foi unha lectura que me gustou persoalmente debido á súa fácil lectura e á incorporación de coñecementos sobre a natureza na narración sen chegar a facela pesada e aburrida, senón que a facía amena. Ademais Calpurnia é unha protagonista que te chega a cautivar debido as súas ideoloxías que na súa época non se consideraban  primordiais e moito menos para unha rapaza, xa que o principal para unha muller era o seu comportamento e saber facer as tarefas do fogar, que é un esquema que Calpurnia pretende romper  intentando escaquearse das súas clases para dedicalos a pasar tempo co seu avó e realizar experimentos con el, outro apaixoado da ciencia.
Creo que é un libro que se debería ler xa que nos amosa como era a vida dunha rapaza nunha época na que os homes eran superiores as mulleres, algo que hoxe en día por desgraza aínda se ve. Ademais amósanos como a rapaza non abandoa o seus gustos polo que lle inculca a sociedade, senón que segue adiante.

10/06/17

Látego de algas

Comentario de Sara López


Antón Reixa
Látego de algas

Espiral Maior.




Este libro é sen dúbida un libro cheo de sentimentos , emocións , amor , desamor .. e unha chea de palabras que nos fan pensar e emocionarnos só  con velas nunha simple páxina .
Este pequeno poemario está dividido en varios apartados , pero se hai un co que me quedaría sería co primeiro , chamado “Poemas de amor basados en feitos reais “ con cada un dos seus poemas , Reixa fai que nos adentremos en cada un dos seus sentimentos , e o que é mellor , fai que nos adentremos nos nosos propios sentimentos , eses que ao mellor non podemos reflexar nun simple poema . Este é un libro que ademais de falarnos de amor , xunta a natureza coa paisaxe e de aí algunha que outra morriña.
A pesar de ser un  libro pequeno , fixo que non tivera ganas de rematalo nunca , xa que é un libro precioso e sen dúbida que  recomendo a calquera persoa , xa que este libro fixo que de verdade sentira o que eses poemas estaban dicindo .
 

08/06/17

Son noxento

Comentario de Lara Verde Iglesias

 Son noxento
María Xosé Queizán
 
 
 
 
Creo que podería describir nunha palabra o que sentín ao ler este libro, NOXO, xa o título  avisa pero o protagonista desta historia é sinceramente desprezable.
É un libro no que abunda o monólogo interior por encima da acción, isto ao principio botoume para atrás e fixo que non me interesase moito, pero segundo ía avanzando no relato metinme máis no rol do protagonista e nos seus pensamentos.
Con este relato descubrín como as persoas poden ser enganosas e que o mínima sinal pódenos salvar de moitas cousas; temos que saber captalas e darlles importancia.
Lendo, reflexionei sobre a nosa sociedade, en como a violencia de xénero aumenta en España, esta situación mostra como existen mentes (como as do protagonista) que  andan camiñando tranquilas e facendo a súa vida que incluso poden aconsellar a outras.
Recomendo totalmente este libro, sobre todo as mulleres para que abramos os ollos ante estes perigos e inxustizas, e nos armemos de valor e ganas para loitar contra elas, e exterminar esas mentes que poden influír nas novas sociedades.

04/06/17

Frankenstein ou o moderno prometeo

Comentario de Roberto Agra


Frankenstein ou o moderno prometeo
Mary Shelley
Galaxia 





Que podo dicir de un libro tan bo coma este? Un libro que fixo a meu corazón encollerse pero tamén fixo que latese con gran velocidade impulsado pola emoción, o suspense e a tensión. Mary Shelley demostrou ter un gran talento para escribir e dar vida ao xénero do terror.
Cando empecei a lelo, non entendía como a historia acabaría virando cara a como se creou o demo antagonista da novela. Un soñador que se embarca nunha aventura de exploración, non entendía como iso tería que ver coa monstruosidade que todos coñecemos.
O protagonista inspiroume compaixón dende o principio, e sentín dor con todas as desgrazas que lle ocorreron por culpa do monstruo que el mesmo creou. Debo dicir tamén, que a biografía que o protagonista relata de si mesmo é simplemente magnífica, toda a evolución que se viu obrigado a sufrir dende o momento en que pensou que se convertera en pouco menos que un deus ata que remata na máis profunda das amarguras.
En definitiva, Frankenstein roza o atributo de obra mestra, só hai uns pequenos detalles que me desagradaron e que nin sequera merecen mención. 
Esta é unha lectura máis que recomendada para aqueles que disfrutan do xénero que busca espertar o medo no interior das persoas.
 

03/06/17

Orlando

Comentario de Laura Soto


Orlando 
Virginia Wolf
Irmás Cartoné


 Nesta obra literaria de Virginia Woolf, hai cen anos esta muller plantexouse as diferenzas entre os homes e as mulleres. Este libro de xénero biográfico desenvolveu a idea da escritora co seu personaxe Orlando. Este xove aristócrata e aspirante literario vai mermando de sexo ao longo da historia. Outra das peculiaridades que fan especial este libro é que Orlando vive uns trescentos anos pero só envellece coma se tivese uns 35, para dar a coñecer así o progreso da sociedade inglesa.
Na miña opinión, este libro é unha xenial obra literaria escrita por unha valente muller, xa que moito tempo atrás tivo a afouteza de publicar a súa reflexión feminista en forma de novela, falando tamén da dificultade das sátiras biográficas e do que move principalmente ao libro que é dedicado á súa amiga Vita en forma de Carta de Amor.
Esta historia aporta o seu gran de area para que a sociadade cambie a forma de pensar, ata que se lle recoñezan os seus dereitos ao sexo tan inxustamente desfavorecido e sometido polo oposto, na época. 
Para min foi unha lectura moi lenta, xa que ás veces o estilo da autora acercábase máis á poesía que á prosa e dificultaba a comprensión, pero ao mesmo tempo facíaa máis interesante.
Recoméndollo a todo o mundo, porque cunha historia de amor, reflexiona moitos máis conflitos da época.

02/06/17

Eu son Suleimán

Comentario de Marcos Quintana Cuñarro



Eu son Suleimán
Antonio Lozano
Kalandraka




Este libro escrito por Antonio Lozano nárramos a historia de Suleimán, un adolescente menor de idades que ten que emigrar do seu país, para escapar da fame e da miseria e intentar sobrevivir. Pareceume un libro moi duro de ler, non porque fose difícil, senón que narra unha historia moi triste e conta palabras da realidade, e non relatos ficticios, xa que miles e miles de persoas coma Suleimán, teñen que sufrir as consecuencias da emigración. Consecuencias como deixar aos teus amigos de sempre, perder aos teus seres queridos, dicirlle adeus ao lugar no que naciches e te criaches… Hoxe tocoulle a Suleimán ser a vítima, pero nós, os que estamos lendo este comentario, temos moita sorte. Sorte de non ter que sufrir iso, de non ter que deixar atrás o teu país para sobrevivir, para buscar un futuro mellor e non ter que morrer de fame ou na miseria.
Lémbrome no libro, cando Suleimán ía por primeira vez ao instituto e preguntaba se había unha “walde”, nadie o entendera, entón el explicara que se trataba dun grupo de persoas que se dedicaban a axudarse uns aos outros. Todos se riron, e un chaval dixo: aquí en España cada un búscase a vida por onde pode e un arranxa os sus problemas pola súa conta, isto a min sorprendeume.
Sinceramente un gran libro para ler, se queres a realidade podes ler este libro e quedar de pedra.

01/06/17

O principiño


Comentario de Miguel Lamazares


O principiño
Saint-Exupery
Galaxia
 
 
 
Non sabería definir este libro cunha  soa palabra, pareceume moi confuso, pero ao mesmo tempo, a ensinanza que quere transmitir é moi clara. A ensinanza é que as persoas maiores só pensan nelas mesmas, só pensan no material e non buscan o verdadeiro significado da vida. 
No libro aparecen algúns personaxes que corroboran estas actitudes das persoas maiores, como por exemplo os donos dos planetas. Cada personaxe secundario que encontra o Príncipe ao seu paso ten unha actitude e unha función diferente na historia.
Hai unha cousa que me sorprendeu moito, xa que cando o collín na biblioteca pensaba que  ía ser un libro infantil, e foi todo  o contrario, ata por momentos me resultou complicado lelo e seguir o fío da historia.
O que notas cando les o libro é a intención do autor de comparar a nenez coa época adulta, ademais desa ensinaza principal, no libro tamén podemos aprender moitas máis cousas, como por exemplo, o valor da amizade coa flor, ou co zorro, ou a relección do aviador co princípe.