Antón Reixa
Látego de algas
Espiral Maior.
Este libro é sen dúbida un libro cheo de sentimentos , emocións , amor ,
desamor .. e unha chea de palabras que nos fan pensar e emocionarnos só con velas nunha simple páxina .
Este pequeno
poemario está dividido en varios apartados , pero se hai un co que me quedaría
sería co primeiro , chamado “Poemas de amor basados en feitos reais “ con cada
un dos seus poemas , Reixa fai que nos adentremos en cada un dos seus
sentimentos , e o que é mellor , fai que nos adentremos nos nosos propios
sentimentos , eses que ao mellor non podemos reflexar nun simple poema . Este é
un libro que ademais de falarnos de amor , xunta a natureza coa paisaxe e de aí
algunha que outra morriña.
A pesar de
ser un libro pequeno , fixo que non
tivera ganas de rematalo nunca , xa que é un libro precioso e sen dúbida
que recomendo a calquera persoa , xa que
este libro fixo que de verdade sentira o que eses poemas estaban dicindo .
Sen comentarios
Publicar un comentario