Son noxento
María Xosé Queizán
María Xosé Queizán
Creo que podería describir nunha palabra
o que sentín ao ler este libro, NOXO, xa o título avisa pero o protagonista desta historia é
sinceramente desprezable.
É un libro no que abunda o monólogo
interior por encima da acción, isto ao principio botoume para atrás e fixo que
non me interesase moito, pero segundo ía avanzando no relato metinme máis no rol
do protagonista e nos seus pensamentos.
Con este relato descubrín como as
persoas poden ser enganosas e que o mínima sinal pódenos salvar de moitas
cousas; temos que saber captalas e darlles importancia.
Lendo, reflexionei sobre a nosa
sociedade, en como a violencia de xénero aumenta en España, esta situación
mostra como existen mentes (como as do protagonista) que andan camiñando tranquilas e facendo a súa
vida que incluso poden aconsellar a outras.
Recomendo totalmente este libro, sobre
todo as mulleres para que abramos os ollos ante estes perigos e inxustizas, e nos
armemos de valor e ganas para loitar contra elas, e exterminar esas mentes que
poden influír nas novas sociedades.
Sen comentarios
Publicar un comentario