Comentario de Roberto Agra
Frankenstein ou o moderno prometeo
Mary Shelley
Galaxia
Que podo dicir de un libro tan bo coma este?
Un libro que fixo a meu corazón encollerse pero tamén fixo que latese con gran
velocidade impulsado pola emoción, o suspense e a tensión. Mary Shelley
demostrou ter un gran talento para escribir e dar vida ao xénero do terror.
Cando empecei a lelo, non entendía como
a historia acabaría virando cara a como se creou o demo antagonista da novela. Un
soñador que se embarca nunha aventura de exploración, non entendía como iso
tería que ver coa monstruosidade que todos coñecemos.
O protagonista inspiroume compaixón dende o
principio, e sentín dor con todas as desgrazas que lle ocorreron por culpa do
monstruo que el mesmo creou. Debo dicir tamén, que a biografía que o
protagonista relata de si mesmo é simplemente magnífica, toda a evolución que
se viu obrigado a sufrir dende o momento en que pensou que se convertera en
pouco menos que un deus ata que remata na máis profunda das amarguras.
En definitiva, Frankenstein roza o atributo de
obra mestra, só hai uns pequenos detalles que me desagradaron e que nin
sequera merecen mención.
Esta é unha lectura máis que recomendada para aqueles
que disfrutan do xénero que busca espertar o medo no interior das persoas.
Sen comentarios
Publicar un comentario