Comentario de Marcos Quintana Cuñarro
Eu son Suleimán
Antonio Lozano
Kalandraka
Este
libro escrito por Antonio Lozano nárramos a historia de Suleimán, un
adolescente menor de idades que ten que emigrar do seu país, para escapar da
fame e da miseria e intentar sobrevivir. Pareceume un libro moi duro de ler, non
porque fose difícil, senón que narra unha historia moi triste e conta palabras
da realidade, e non relatos ficticios, xa que miles e miles de persoas coma
Suleimán, teñen que sufrir as consecuencias da emigración. Consecuencias como
deixar aos teus amigos de sempre, perder aos teus seres queridos, dicirlle
adeus ao lugar no que naciches e te criaches… Hoxe tocoulle a Suleimán ser a
vítima, pero nós, os que estamos lendo este comentario, temos moita
sorte. Sorte de non ter que sufrir iso, de non ter que deixar atrás o teu país
para sobrevivir, para buscar un futuro mellor e non ter que morrer de fame ou
na miseria.
Lémbrome no libro, cando Suleimán ía por primeira vez ao instituto e
preguntaba se había unha “walde”, nadie o entendera, entón el explicara que se
trataba dun grupo de persoas que se dedicaban a axudarse uns aos outros. Todos se
riron, e un chaval dixo: aquí en España cada un búscase a vida por onde pode e
un arranxa os sus problemas pola súa conta, isto a min
sorprendeume.
Sinceramente un gran libro para ler, se queres a realidade podes
ler este libro e quedar de pedra.
Sen comentarios
Publicar un comentario