Non sabería definir este libro cunha soa palabra, pareceume moi confuso, pero ao mesmo tempo, a ensinanza que quere transmitir é moi clara. A ensinanza é que as persoas maiores só pensan nelas mesmas, só pensan no material e non buscan o verdadeiro significado da vida.
No libro aparecen algúns personaxes que corroboran estas actitudes das persoas maiores, como por exemplo os donos dos planetas. Cada personaxe secundario que encontra o Príncipe ao seu paso ten unha actitude e unha función diferente na historia.
Hai unha cousa que me sorprendeu moito, xa que cando o collín na biblioteca pensaba que ía ser un libro infantil, e foi todo o contrario, ata por momentos me resultou complicado lelo e seguir o fío da historia.
O que notas cando les o libro é a intención do autor de comparar a nenez coa época adulta, ademais desa ensinaza principal, no libro tamén podemos aprender moitas máis cousas, como por exemplo, o valor da amizade coa flor, ou co zorro, ou a relección do aviador co princípe.
Sen comentarios
Publicar un comentario