Comentario de Adrián Mato
A lenda de Sleepy Hollow e outros relatos
Washington Irving
Urco
ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.
06/04/16
A lenda de Sleepy Hollow e outros relatos
Gústanme
moito os libros de terror e este non ía ser menos. Agradáronme todas as
historias pero especialmente a de Tom Waltter e o Demo, porque me encanta a
forma na que o autor castiga a avaricia de Tom e a súa muller, que a pesar de
ter vivido na miseria, non se compadecen dos que antes podían haber sido eles,
persoas que lle van pedir un préstamo e das cales se aproveita para sacarlle
ata o último can que posúen. Outra historia que tamén me sorprendeu moito foi a
aventura do alemán, polo abraiante do seu relato e o insólito final. Como
alguén pode ser capaz de namorar dunha face que ve en soños, para máis tarde
atoparse con ela na rúa e casar. Quizais a que menos me agradou foi a de Sleepy
Hollow posto que esperaba máis dun relato que foi levado ao cine. Quizais
esperaba unha maior importancia do cabaleiro sen cabeza e non tanto da súa vítima.
05/04/16
Un animal chamado néboa
Comentario de Silvia BrugueraUn animal chamado néboa
Ledicia Costas
Xerais
Este libro é moi duro porque dá a coñecer o sufrimento dos cidadáns durante o conflito bélico da Segunda Guerra mundial.
A mín gustoume moito polo que pretende reflictir, pero houbo algunhas partes que se facían moi tristes e duras; escenas de pura bestialidade, atrocidades que hoxe en día son inimaxinables. Naquel tempo o mellor que podia suceder era a morte, antes que ver como morren lentamente os teus seres queridos. Aquelas torturas ian máis alá do límite.
Neste libro hai varias historias, cada unha máis triste ca outra.
Nestes relatos nárranse varios acontecementos devastadores e moi saguentos.
Todas as historias fixéronme reflexionar sobre o sucedido nas guerras, pero houbo uns capítulos que me chocaron moito, pola crueldade cara aos presos.
No primeiro capítulo "Leningrado" relatase a historia de Katarina; fala da miseria e da fame que tiñan pola culpa da guerra. Unha parte moi fermosa, pero á vez triste foi cando o pai corta unha parte da sua carne para poder darlle algo que comer á sua familia.
"A canción de vila triste" trata dun interrogatorio a uns xudeus que estaban en contra réxime que impoñian. Pietro Koch, intentou sacar a información que quería, pero como non lla aportaron comezou a torturalos ata a morte. As torturas que realizaban eran infrahumanas e moi dolorosas.
A historia que lle dá nome ao libro foi unhas das que máis me chocou. "Un animal chamado néboa" narra a vida de Martha no lager, como eran as condicións de vida, aos traballos que estaban obrigadas a realizar, como as violacións dos soldados eran algo normal, as humillación as que eran sometidas...
A Martha fixeranlle un trato a cambio da súa liberdade, ofreceranlle deixar o lager polo Sonderbauten, no cal tiña que exerxer as labores da cárcel e de prostituta para soldados e presos, se cumpria as súas labores, ao cabo de seis meses prometeranlle que sería libre pero cando acabou esta tempada volvernona ao lager.
O último capítulo "Tres xuízos para tres nazis" narra os xuízos de Hermann Goering, Rudolf Höss e de Adolf Heichmann; algúns deste foron condenados a cadena perpetua, e outros preferiron suicidarse antes de que se fixera xustiza.
En cada historia habia persoaxes crueis, os nazis e por outra banda aparecia o pobo reflexado de diferentes formas, como Mary Jane ou como as persoas que residian en Hiroshima ou Nagasaqui antes da bomba.
Este libro aportoume unha gran cantidade de datos que descoñecia; así como o significado de lagers e sonderbauten. Pero tamén me ensinou o debastadora que foi a bomba de Hiroshima, a misión que tivo o buque USS Indianapolis, os millóns de mortos polo nacismo e moitas outras cousas.
En xeral este libro foi o máis duro que lin ate o momento. Pese que parte destes relatos son ficcticeos, o que pretende mostrar o libro é algo moi real.

Atoparalo en Guerras, Ledicia Costas, Relatos, Xerais
04/04/16
Morning Star
Morning Star
Xosé Miranda
Xerais
Xosé Miranda
Xerais
Morning Star foi unha
novela que ao principio me resultou un pouco lenta e monótona pero que
finalmente acabou enganchándome e manténdome en suspense.
Foi unha obra á que lle
atopei rasgos da sociedade feudal onde mariñeiros e labregos estaban cansos de
vivir nesa sociedade e roubaban para poder comer, tamén puiden ver a pobreza
que existía naquela época, a falta de estudos que tiñan as persoas e as
aventuras que se daban entre bandoleiros.
Morning Star é un libro que
conta as aventuras de bandoleiros no século XX
en Galicia.
Nesta novela, Lourenzo
vese obrigado a madurar dende pequeno por mor da situación familiar, xa que o
pai é un taberneiro borracho e a súa nai unha pobre muller que ten que aturar
ao marido.
O pai de Lourenzo no fondo
é bo, xa que o amor pola súa muller e o seu fillo fan que actúe de forma
distinta aos seus compañeiros da gavela. Pero isto non evita que cometa
atrocidades á hora de loitar polo tesouro en cada asalto.
Tras a morte da nai,
Lourenzo segue os pasos de seu pai e comeza a formar parte da gavela, e aínda
que non é do seu agrado faino porque non ten outra saída. Este colabora en
moitos asaltos ata que nun roubo coñece a Helena, unha rapaza bondadosa que
axuda a Lourenzo en todo o que pode. O rapaz enámorase e decide fuxir con ela,
pero a vida púxolle moitos problemas e case acaban sen vida, polo que pola súa
seguridade deciden seguir cada un polo seu camiño e sepáranse.
Despois de fuxir con
Helena os seus excompañeiros queren matalo, pero estes non o conseguen grazas
a un experto e antigo ladrón que o axuda e lle salva a vida.
Morning Star é un libro que
recomendo, xa que é fácil de ler e ademais é un
libro moi entretido porque trata de aventuras, amor, bandoleiros.. e
ademais podes coñecer un pouco máis da situación de Galicia nesa época e cómo
actuaban os bandoleiros.
Atoparalo en Amizade, Asasinatos, Aventuras, Piratas, Xerais
03/04/16
A casa de Mango Street
Comentario de Cristina Costela Seara
A casa de Mango Street
Sandra Cisneros
Rinoceronte
A Casa de Mango Street de Sandra Cisneros foi unha
historia que ao principio custoume entender e engancharme, pero pouco a pouco
foime gustando e foi unha novela que me gustou moito, xa que me transmitiu
bastantes emocións. É unha novela que me conmoveu, sorprendeume e divertiume.
Este libro conta a historia de Esperanza, unha nena de
14, que crece nun ambiente onde a tradición mestúrase con novos estilos de vida.
É unha
historia contada a través de viñetas onde ao comezo nos presentan os
personaxes e cóntanos como estes foron afectados pola pobreza, polo exilio...
A vida de
Esperanza non foi fácil, e iso foi o que máis tristeza me transmitiu. Ela tiña
vergonña de que a súa familia fose pobre e en varios momentos mente para
esconder que é pobre, por exemplo cando di que vive noutra casa ou ao ir á
festa esconde os seus zapatos feos. Ademais foi agredida sexualmente dúas
veces, unha por un señor maior que a obrigou a bicalo e outra foi violada por
uns rapaces. Por isto, a súa adolescencia foi moi dura.
Estes escenas
fixeron que sentise impotencia e rabia, de que exista xente que poida facerlle
ese tipo de cousas ás mulleres ou nenas, obrigalas a facer cousas que elas non
queren, paréceme fatal e oxalá deixe de existir xente deste tipo.
As amigas de
Esperanza tamén sofren, Alicia perde a súa nai e despois seu pai obrígaa a
madrugar para que cociñe e Sally soporta malleiras de seu pai, entón ela decide
casar para escapar do seu pai, pero non escapou das malleiras xa que despois o
que lle pega é o seu marido, por exemplo non lle deixa chamar por teléfono,
mirar pola ventá e non sae da casa ela soa por se a el lle molesta.
Esperanza ao
ser testemuña da situación das súas amigas e de que casan para escapar do abuso
dos pais terminando soportando o abuso dos maridos decide marchar de Mango
Street. As súas irmás convéncena para que volva a axudar a aqueles que non
poden escapar tan facilmente e dinlle que traballe para facer de Mango Street
un lugar mellor.
Un libro que recomendo ler sen dúbida !
Atoparalo en Rinoceronte, Tradución, Violencia de Xénero
02/04/16
A balada do café triste
Comentario de Cristina Costela Seara
A balada do café triste
Carson McCullers
Rinoceronte
A balada do café triste é un libro no que encontramos
distintos relatos, que se mesturan, traxedias no mundo, a inocencia engañada,
moito whisky e lugares onde a soidade faise máis grande. Os personaxes que
atopamos buscan algún lazo para engancharse, enganchar a súa vida a algo ou a
alguén.
Nestes relatos atopámonos con Miss Amelia, unha muller respectada por
todos, solitaria e forte coma un home. O discurrir tranquilo vese alterado pola
chegada dun primo seu.
Estes dous personaxes ensínannos como as persoas
cambian en función de quen se lles acerque. Porque a principal protagonista é a
soidade. A perda cando chega o amor, a encontrada cando o amor se vai e como
nos vai afectando a cada un.
Neste relato a autora fálanos sobre todo do amor e das
reaccións que este provoca.
Nos demais relatos atopámonos con Madame Zilensky que
vive e recrea unha mentira, ela cre coñecer ao rei de Finlandia aínda que este
país foi sempre unha república.
Tamén esta Bienchen, a nena prodixio (Wunderkind) que deixa de
selo ou que nunca o foi; Martin Meadows, marido e pai que soporta as
borracheiras da súa muller, e por último Bitsy Barlow, é un jockey que está só,
borracho e non dixire a comida nin o despido dun compañeiro especial do oficio.
As características dos personaxes vense facilmente e
están bastante esaxeradas, ademais, moitos esconden conductas estrañas e
misteriosas.
Entre os relatos deste libro o que máis me gustou foi
"A balada do café triste", porque a autora nos conta como se creou un café a partir
da chegada dunha persoa e como cambia o seu comportamento ao amar a alguén.
Foi un libro que me resultou fácil de ler e que me
gustou moito, pareceume moi bonito e nalgunhas escenas triste ao
mesmo tempo.
Atoparalo en Amor, Relatos, Rinoceronte, Soidade, Tradución
01/04/16
Millo verde
Comentario de Andrea García Méndez
Millo verde
Xosé Fernández Ferreiro
Xerais
Este libro desconcerta a calquera que lea o título.
Pódese pensar que vai de labregos que
discuten polos marcos dos prados ou sobre as miserias que pasaron noutros
tempos e que nós seguramente pasaremos, vendo como vai o país, pero non, o
libro trata algo totalmente diferente.
Á inxustiza a que
é condenado e metido no cárcere un profesor
por suposta violación dunha alumna, os pesadelos que ten e as agresións
físicas e psicolóxicas as que é sometido por parte dos veciños, a influencia
dos medios de comunicación na mentalidade das persoas e os problemas que sofren
unha nai e máis filla por culpa do pai e marido bébedo, a pouca precisión da
xustiza ao haber filtracións en información confidencial.
Para min foi un libro bastante entretido aínda que o
principio non enganche moito, ó final termina sendo un libro que te “agarra”
ata as derradeiras páxinas. O final e algo raro pero supoño que o autor quixo
facer unha sátira de todo o que lle acontecera o personaxe.
Atoparalo en Sociedade, Sufrimento, Violencia de Xénero, Xerais
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)